Miércoles, 22 de Mayo de 2013
Faro de caza · Faro de Vigo

Francisco Chan

Nacín en Sanxenxo no ano 68. Fillo de carpinteiro cazador, e neto de agricultores, síntome moi vencellado ao medio rural. Cazador dende novo, vivo a caza como un feito natural do ser humano. Como defensor da caza sostible, pelexo polo dereito a exercer a caza social, lonxe dos movementos intolerantes dos “caza non”, posto que parten de xentes que oprimen a liberdade do individuo dende plantexamentos urbanitas secuestrados pola irrealidade do efecto Bambi. A loita polo dereito á caza foi o primeiro e é o último dos espacios para loitar pola liberdade do cidadán.

francisco_chan.jpg

Estou casado, cunha muller cazadora, e son pai de dous fillos adolescentes dentro de idade legal para ter licencia de caza, polo que tamén os fillos seguen na mesma tradición familiar, ensinados no respeto a natureza  e o seu aproveitamento sostible, e non en relación coa natureza pechada detrás dun cristal de laboratorio.

Escritor cinexético, teño publicando na extinta revista Caza Galega e en Caza e Pesca Galega, son colaborador da Federación de Caza nas súas publicacións, vocal da Comisión Galega de Homologación de Trofeos de Caza Mayor, asiduo colaborador de revistas como Caza Mayor, Linde y Ribera Galicia, Cazarmas e especialmente de Federcaza, onde exerzo mensualmente como columnista. En canto a medios radiados, fun tertuliano durante varios anos en programas de caza como “Fauna Deportiva” na Radio Galega, participando tamén en algún documental de caza, ademais dalgunha participación como poñente sobre temas cinexéticos e de medioambiente.

Por último, quero resaltar que cazar en Galicia significa capturar poucas pezas, o que quere decir que cazar non é matar, é algo moito mais profundo, complexo, e íntimo que nos fai sentir vivos, ao tempo que inmersos na natureza.

Sin comentarios

  • No hay comentarios todavía.

Deja tu comentario