Martes, 21 de Mayo de 2013
Faro de caza · Faro de Vigo

A homologación dos trofeos de caza (I)

14 de Noviembre de 2008 · Sin comentarios

 A necesidade sociolóxica da homologación do trofeo de caza por parte do cazador, escomenza nos tempos en que os nosos devanceiros, como reflicten as pinturas rupestres das furnas que habitaban, precisaron transmitir aos outros membros da comunidade a calidade das súas capacidades como cazadores. A día de hoxe esto transformouse coa caza deportiva. Esa mesma necesidade persiste naqueles individuos que coma min, sentimos a pulsión venatoria.

A situación  actual en Galicia dentro do contexto de España

A tradición cinexética mais reciente en Galicia salvo zonas da montaña lucense e ourensana estaba baseada na caza menor. Esto arrastra cunha cultura moi especifica de caza social que é ao mesmo tempo dunha caza onde se festexa a cantidade, algo absolutamente distinto ao obxectivo da caza maior, onde a senso contrario, o interés é cualitativo e non  cuantitativo. É evidente que coa despoboacion rural, existe unha manifesta merma dos especimens de caza menor; en troques, os de maior aumentan de forma espoñecial. Tendo como  nexo de unión  ao elemento humano, é dicir, ao cazador que pasa dunha modalidade a outra arrastrando aqueles elementos consuetudinarios, propios da caza menor, cousa que no resto de España non ocurre. É por eso que no ARTIGO 61 do Regulamento de caza vense a prever a creación  da COMISIÓN GALEGA DE HOMOLOGACIÓN DE TROFEOS DE CAZA, que se constitúe oficialmente en Santiago de Compostela o 4 de Maio de 2004 sendo a sua razón de ser a homologación  a nivel nacional  e internacional dos trofeos de caza maior; o segundo paso sería trasladar as propostas da comisión, á Xunta Nacional de Homologación de Trofeos de Caza

A devandita comisión está formada por:
Presidente: D. José Mª Arias Mosquera
Secretario: D. Jesús Marquina Olmedo
Xunto con varios vocais propostos por distintos organismos.

A homologación como baremo fiable dunha boa xestión

Co cambio socio-económico e por ende ecolóxico que ven de sufrir o rural galego, temos na caza maior un potencial como elemento dinamizador da economía do rural profundo de Galicia. Este está sin explotar en absoluto, somentes uns poucos TECORES, como podería ser o caso do da Fonsagrada, souberon ver o valor engadido que podían significar os asexos de corzo non somentes para as arcas da sociedade que seguirá desta maneira garantindo o contido social do exercicio cinexético, senon que ademais, significa unha forte inxección económica para o turismo rural da zona, precisamente na súa epoca mais baixa, que coincide ca tempada dos asexos. Outro exemplo é o TECOR de Xares, donde o interés comercial é innegable, cunha creación de postos de traballo directos certamente importantes. De cara aos potenciais cazadores de asexo, é preciso ter coñecemento de forma fiable da calidade de trofeos que pode atopar en tal ou cual TECOR, sendo ademais un dato preciso para avaliar a boa ou mala xestion que cada TECOR aplica.

Especies máis salientables de cara á súa homologación en Galicia
Amén de especies que teñen uha presencia anecdótica en Galicia, tal como poden ser: o cervo, muflón, rebeco etc, a gran masa de cazadores galegos de maior, céntranse na procura do xabarín e do corzo, do mesmo xeito que tamén o fará  a COMISION  GALEGA DE HOMOLOGACIÓN  posto que unha das primeiras inquedanzas consiste no fomento de actitudes deportivas e de potenciación da sostibilidade.

As puntuacións das correspondientes medallas serían as seguintes:

CORZO       Ouro…….120 puntos
“            Plata……..de 105 a 119.99 puntos
“            Bronce….de 95 a l04.99 puntos

XABARIN  Ouro ……………………110 puntos
“        Plata……………………de 105 a 109.99 puntos
“        bronce………………….de 100 a 104.99 puntos

Francisco Chan

Etiquetas: caza menor · caza mayor · opinion

  • No hay comentarios todavía.

Deja tu comentario