¿En que consiste o proceso de homologación?
Unha vez abatido o especimen, e estando por suposto dentro evidentemente das tasas de abate que ten o ACOUTADO dentro do PLAN TÉCNICO CINEXÉTICO, este é presentado a homologar ben sexa por parte do TECOR, polo mesmo interesado, ou mesmo de oficio a traves de calqueira vocal da comisión que teña coñecemento da posible calidade da peza. Previa comprobación da sua absoluta legalidade (para o que a figura do precinto é crucial), aboaranse unhas tasas de tramitación, que estarán ao alcance do máis humilde dos cazadores galegos, e procédese a medición do mesmo, seguindo as conocidas tablas do CIC cos valores xa establecidos a nivel internacional.
Galicia e o seu “feito diferencial” na homologación do corzo
Unha gran inquietude que terá a Comisión de Homologación será a diferencia de puntos que se obten na fase de pesado da cornamenta do corzo. Temos zonas corceiras en Galicia, que nada teñen que envidiar as mais afamadas zonas Sorianas, os corzos que se obteñen son duna calidade innegable, ben definidos, cunhas loitadeiras fermosas, e cuns perleados mesmo espectaculares.
Pero o seu peso craneal, que esteticamente non se nota, é sensiblemente inferior cousa que na maior parte dos casos, impediría que un trofeo de corzo mellor definido, mais fermoso, e con incluso un perleado importante, non conquira chegar a ser medalla , ou esta ser mais baixa. Isto débese o meu entender a dúas cousas :
1º O pouco porcentaxe de calcio que existe na terra
2º As horas de luz solar, que a falla das mesmas, afecta negativamente a asimilación de nutrintes.
Para correxir esta merma na puntuación, a comisión de homologación propón a medición en verde…. dito de outro xeito, unha doble homologación, a oficial polo varemo CIC que sera trasladada a Xunta Nacional de Homologación, sin poñer en duvida en ningún momento a sua validez, pero amais desta fariase a nivel de Galicia un novo varemo interno A EFECTOS DE FOMENTAR A CAZA SELECTIVA E DEPORTIVA conquerindo desta forma o cazador galego que non chegue a unha medalla de ouro, prata , ou bronce, outra denominación similar como podería ser por exemplo “corzo galego de honra” incluso en modalidades ouro, prata, e bronce. Esta inquedanza por este tipo de homologación en verde e compartida por outros organismos cos que se mantiveron conversas, como pode ser a Asociaçon de Caça do Corço en Portugal.
Xosé Lugris







No hay comentarios todavía.
Deja tu comentario